65
g a l e g o
• Este aparello pode ser utilizado por nenos de 8 anos e maiores, e
por persoas con discapacidades físicas sensoriais ou mentais, ou
persoas sen experiencia e coñecementos sufi cientes, se se lles
ensina a usar o aparello de xeito seguro e comprenden os riscos
derivados da súa manipulación. Os nenos non deben xogar co
aparello. A limpeza e o mantemento son tarefas que non as deben
realizar os nenos sen a pertinente supervisión.
•
ADVERTENCIA:
Non deixe a placa desatendida ao cociñar con
graxa ou aceite, porque se pode orixinar un incendio. Non intente
NUNCA apagar un lume con auga. Desenchufe o aparello e cubra
as lapas cunha tapa ou unha manta resistente ao lume.
•
ADVERTENCIA:
Perigo de incendio: Non almacene obxectos
sobre a superfi cie da cociña.
• Non utilice nunca un limpador de vapor para limpar o aparello.
• O aparello non está deseñado para que funcione cun interruptor
temporizador externo nin un sistema de control remoto.
•
Modelos electrónicos:
Para desconectar o aparello, prema
(
) durante dous segundos. Oirase un pitido longo e a pantalla
dixital cambiará a apagado, indicando que o aparello agora está
apagado.
Modelos con mandos:
Para apagar o elemento, coloque o
regulador na posición “0”.
• Evite golpear os receptáculos contra o cristal.
• As resistencias non se deberán pór en funcionamento sen un
receptáculo.
• Utilice só o aparello para cociñar alimentos. Non utilice a placa
como mesado.
• Non aplique auga fría directamente sobre a placa cando estea
quente.