g a l e g o
68
3
Mantemento e
limpeza
• Non utilices un limpador de vapor.
• Limpa a miúdo a superfi cie da túa placa
cando xa estea fría. Non utilices produtos ou
esponxas abrasivas. Limpa cun pano húmido
e auga xabonosa (3.1.1).
• Unha vez á semana, limpa en profundidade
con produtos específi cos para vitrocerámicas.
Recomendámosche VITRO-CLEN para a
limpeza e conservación da túa vitrocerámica.
• As sucidades fortemente adheridas elimínanse
coa raspa de vidro (3.1.2).
• Se por descoido se queima azucre, elementos
azucrados ou plástico sobre a placa, elimínaos
canto antes cunha raspa aínda en quente.
De non facelo, poden quedar manchas
permanentes.
• Utiliza a coitela da rapa en perfecto estado,
substitúea no caso de que presente algún
deterioro.
funcionamento (2.10.2) que tamén sinala a
calor residual cando o foco se apaga.
Nos modelos con foco dobre ou foco fonte,
xirando o mando á esquerda, regúlase unha
parte do foco e xirando o mando á dreita,
regúlase o foco enteiro (2.10.3).
2.11 Apagado do foco.
Selecciona a potencia
0
do foco que desexas apagar.
2.12 Calor residual.
Despois de utiliza-la placa,
os focos mantéñense quentes por un
tempo que varía en función da potencia
seleccionada e visualízase unha ou un
punto nos focos aínda quentes.
No toques
eses focos, existe risco de queimarse.
Atención:
se se produce un corte de corrente
eléctrica, ó restablecerse de novo, a indicación
non se visualizará aínda estando quente a
zona de cocción. Ten en conta esta circunstancia.
2.13 Función bloqueo.
Para evitar manipulacións
por parte dos nenos. Mantén pulsada a tecla
durante 3 segundos e activara-lo bloqueo. Para
desbloquealo, repite a operación.
Recomendacións:
• Evita golpes dos recipientes sobre o cristal.
• Os recipientes de aluminio non son
aconsellables, pois poderían formar manchas
sobre o vidro, a non ser que teñan fondo con
protección de aceiro inoxidable.
• Os focos de calor non deben funcionar sen
recipiente.
• A base do recipiente debe ser plana e estar
seca.
• Coida que os diámetros dos recipientes sexan
maiores ou iguais ó foco que se vai a utilizar e
céntrao sobre o foco de calor.
• Procura non move-los recipientes, podería
raiarse o vidro.
• Utiliza o aparato só para a preparación de
alimentos. Non utilíce-la placa coma mesa de
traballo.
• Non vertas auga fría directamente na placa
cando estea quente.
Atención:
O funcionamento descontinuo das
zonas de cocción, non é unha avaría. Funcionan
en períodos de acendido e apagado máis ou
menos longos en función da potencia desexada.
4
Medio ambiente
A placa foi deseñada pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente.
Utiliza as
potencias adecuadas para cada cocción e
selecciona os recipientes de tamaño adecuado
ás cantidades de alimento que se vaian a
preparar. Cando o fondo do recipiente e o
diámetro da zona de cocción teñen o mesmo
tamaño, a transmisión de calor é óptima.
Ó termina-la cocción, se o desexas, deixa o
recipiente no mesmo lugar para utiliza-la calor
residual acumulada. Deste xeito, aforrarás
enerxía.
Utiliza unha tapa sempre que podas para reduci-
la perda de calor por evaporación.
Xestión de residuos de aparatos eléctricos e
electrónicos.
Non elimíne-los aparatos mesturándoos con
residuos domésticos xerais.
Entrega a túa placa nun centro especial de
recollida.
O reciclado de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde e o medio
ambiente y permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou co establecemento onde
adquiríche-la placa.