g a l e g o
64
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-la placa.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
Seguridade
• A alimentación eléctrica do placa debe estar instalada con
dispositivos de desconexión que cumpran co estipulado na
normativa de instalación local.
• O aparello débeo instalar un instalador autorizado que seguirá as
instrucións e diagramas do fabricante.
• A instalación eléctrica debe ser de medidas axeitadas para a
máxima potencia indicada na placa de referencia e o enchufe debe
ter conexión a terra segundo a normativa.
• Se o cable está danado, a súa substitución correspóndelle ao
fabricante ou ao servizo posvenda ou persoal cualifi cado similar
para evitar posibles perigos.
•
ADVERTENCIA:
Se a superfi cie de cristal agreta ou rompe,
desconecte o aparello da rede inmediatamente para evitar unha
posible descarga eléctrica. Non utilice a placa ata que se substitúa
o cristal. Correspóndelle ao servizo posvendas ou ao persoal
cualifi cado a súa substitución (4.1.1).
• Non coloque cazolas quentes e tixolas sobre os sensores. Pódese
danar o circuíto electrónico (4.1.3).
•
ADVERTENCIA:
O aparello e as pezas accesibles pódense
quentar cando está en funcionamento. Procure non tocar as
resistencias. Os nenos menores de 8 anos non se deben achegar
ao aparello, agás que estean baixo supervisión.
• Se a placa está instalada sobre un armario, non garde obxectos
infl amables no seu interior.
Importante
Conserve este manual co aparello. Se lle vende ou traspasa o
aparello a outra persoa, asegúrese de traspasar tamén o manual
de usuario. Lea estas instrucións con atención ao utilizar e instalar
o aparello. Están destinadas a protexer a súa seguridade e a de
outros.