Identificación
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para o lavado da roupa.
Moi importante:
Le integramente este manual antes de instalar e utiliza-la lavadora.
A documentación e accesorios, encontraralos no tambor da lavadora.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados co debuxo correspondente.
61
1
Manual de instrucións
0
g a l e g o
2
Instalación
Uso
A presión da auga á rede deberá estar entre 0,05 e 1 Mpa (0,5 a 10 kg/cm
2
).
Non utilices prolongadores nin adaptadores para conecta-la lavadora.
A instalación eléctrica debe estar dimensionada á potencia máxima indicada na placa
de características e a toma de corrente eléctrica coa toma a terra regulamentaria.
Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo seu servizo
postvenda ou persoal cualificado similar co fin de evitar un perigo.
Non manipula-lo interior da lavadora. Ante de calquera problema que non poidas
solucionar, chama ó servizo técnico.
Este aparato poden utilizalo nenos con idade de 8 anos e superior e persoas con
capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou falta de experiencia e
coñecemento, se se lles deu a supervisión ou instrución apropiada respecto ó uso do
aparato dunha maneira segura e comprenden os perigos que implica. Os nenos non
deben xogar co aparato. A limpeza e o mantemento que se debe realizar por parte
do usuario non deben realizalos os nenos sen supervisión.
Identifica o modelo da túa lavadora
(“
a
”, “
b
”, “
c
”,
“
d
” ou “
e
”) comparando o panel de mandos coas
ilustracións.
1.1 Desembalaxe
(1.1.1, 1.1.2 e 1.1.3). Retira os
parafusos, elementos de ancoraxe e bloqueo
usados para o transporte.
1.2 Conexión á rede de auga
(1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3).
Se a lavadora admite toma de auga quente conecta
a mangueira con racor vermello á toma de auga
quente (1.2.4). Usa sempre a mangueira nova que
se subministra, eliminando os anteriormente
utilizados.
1.3 Desaugue.
Sitúa a mangueira no desaugue
respectando as cotas do debuxo.
1.4 Nivelación.
Nivela correctamente a lavadora para
evitar ruídos e desprazamentos. Recoméndase: 1º,
asentar e fixa-las patas traseiras (1.4.1); 2º, situa-la
lavadora no seu lugar definitivo (1.4.2); 3º, asentar e
fixa-las patas dianteiras (1.4.3).
1.5 Conexión á rede eléctrica.
Ten en conta os
datos eléctricos da placa de características.
1.6 Instalación baixo encimeira.
Se, por necesidade
de encaixe, precisa retira-la encimeira, contacte co
distribuidor ou co Servizo de Asistencia Técnica. No
caso de encaixe, a caravilla de toma de corrente
deberá ser accesible despois da instalación. As
dimensións de encaixe serán 600x600x850.
2.1 Apertura do zapón.
2.2 Deterxente e aditivos.
SCarga a roupa na
lavadora despois de clasificala por cor, sucidade e
tipo de tecido.
A cubeta ten os seguintes compartimentos:
lavado , prelavado e suavizante (2.2.1).
Todas as lavadora están preparadas para deterxen-
te en po (2.2.2).
Se desexas empregar deterxente líquido (2.2.3), no
compartimento de lavado atoparás unha pestana
azul. Tira dela cara afora ata que faga tope, sóltaa e
quedará en posición vertical (2.2.4); isto evita que se
escape o deterxente líquido. Para volver utilizar
deterxente en po, coloca a pestana azul en posición
horizontal e empúxaa cara atrás ata que faga tope;
así a comporta está aberta (2.2.5).
Recorda que non debes supera-lo nivel MAX
marcado no compartimento do suavizante.
2.3 Acendido e selección do programa.
Selecciona
o programa co mando previa consulta da táboa de
programas (páxinas
63 e 64).
2.4 Selección de velocidade do centrifugado.
Podes elixi-lo grao de centrifugado ou eliminalo
(2.4.1, 2.4.2). Se seleccionas Antiengurras/Flot
(2.4.3) interrómpese o lavado antes do centrifugado
final e a roupa queda somerxida en auga. Pulsa
para realiza-lo centrifugado final.
Seguridade