g a l e g o
51
6
Medio ambiente
4
5
Solución de
problemas
Seguridade
Hai unha serie de incidencias que podes
solucionar ti mesmo.
4.1 Non funciona.
Comproba se está conectado
e/ou que o mando selector de tempo non
está en
0
.
4.2 Sae fume durante a cocción.
Reduce a
temperatura e/ou limpa o forno (punto 3.3).
4.3 Fai ruído despois da cocción.
É normal, o
ventilador segue funcionando ata reducir a
temperatura do interior e a do exterior.
Os modelos con pantalla dixital incorporan un
sistema de diagnóstico que detecta e avisa
perante calquera incidencia. Poderás vela na
pantalla:
4.4 Non funciona. Escintila
Pon o mando
selector de funcións en
0
e axusta a hora
(punto 2.3).
4.5 Non funciona. Escintila
O forno estivo
funcionando durante varias horas e por
razóns de seguridade desconectouse de
forma automática. Pon o mando selector de
funcións en
0
e axusta a hora (punto 2.3).
4.6 Non funciona. Escintila
Pon o mando
selector de funcións en
0
e desbloquea o
forno (punto 2.11).
4.7 Funciona. Escintila
Preme calquera
tecla.
• Non manipules o forno para reparalo,
chama o servizo técnico.
O forno foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente.
Prequenta o
forno só cando faga falla (consulta a táboa). Usa
preferentemente moldes de cor escura. Para
longos períodos de forneado desconecta o forno
5 ou 10 minutos antes do tempo previsto.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos.
Non elimines os aparellos mesturándoos con
residuos domésticos xerais.
Entrega o teu forno nun centro especial de
recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou establecemento onde
adquiriches o forno.
• Cómpre que a instalación do forno a efectúe
un instalador autorizado, que seguirá as
instrucións e esquemas do fabricante.
• A instalación eléctrica debe estar dimensionada
á potencia máxima indicada na placa de
características e a toma de corrente eléctrica
coa toma a terra regulamentaria.
• Cómpre que o circuíto da rede que alimente
o forno teña un interruptor de corte omnipolar
de, polo menos, 3 mm de separación entre
contactos.
• Se o cable de alimentación está danado, debe
ser substituído polo seu servizo posvenda ou
persoal cualifi cado semellante, co fi n de evitar
un perigo.
• Asegúrate de que o aparello está desconectado
antes de substituír a lámpada, para evitar
posibles choques eléctricos.
• Non utilizar produtos de limpeza abrasivos ou
estropallos metálicos duros para limpar a porta
do forno, xa que se pode riscar a superfi cie e
provocar a rotura en anacos do vidro.
• Manter afastados do forno os nenos pequenos.
Durante o funcionamento, hai partes accesibles
que se poden quentar.
• Evitar tocar os elementos calefactores dentro
do forno.
• Este aparello non está destinado a ser utilizado
por persoas con capacidades reducidas.